Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 19 de novembro de 2018 Páx. 49486

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2018 pola que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes pola quenda de promoción interna para a realización do segundo exercicio do proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional técnico/a superior de telecomunicacións, grupo I, desta universidade.

Mediante a Resolución reitoral do 3 de decembro de 2013 (DOG do 16 de decembro e BOE do 24 de decembro), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional técnico/a superior de telecomunicacións, grupo I, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 14 de febreiro de 2014 (DOG do 28 de febreiro), aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivasen a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas polas quendas de promoción interna e de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na web: https://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Terceiro. Todas as persoas aspirantes admitidas pola quenda de promoción interna están exentas de realizar o primeiro exercicio, en aplicación do previsto no punto 3.1 da convocatoria.

Cuarto. Convocar as persoas aspirantes admitidas pola quenda de promoción interna para a realización do segundo exercicio da fase de oposición, o día 29 de marzo de 2019, ás 11.00 horas, na aula 1 da Facultade de Matemáticas, Campus Vida, Santiago de Compostela.

A publicación dos sucesivos anuncios de celebración dos demais exercicios efectuaraa o tribunal, nos locais onde se realizou o primeiro deles, na Reitoría da universidade e na páxina web: http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

De non cubrirse a vacante pola quenda de promoción interna, as persoas aspirantes admitidas pola quenda de acceso libre serán convocadas para a realización do segundo exercicio mediante resolución reitoral, en que se indicarán o día, a hora e o lugar e que se publicará no Diario Oficial de Galicia e na web: http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2018

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela