Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 19 de novembro de 2018 Páx. 49503

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 143/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 143/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jonatan Suárez Pérez contra Aparcamiento Labacolla, S.L. e o Fogasa, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2018.

Parte dispositiva.

Declaro extinguida a data da presente resolución a relación laboral que unía a Jonatan Suárez Pérez con Aparcadoiro Labacolla, S.L. e condeno a Aparcamiento Labacolla, S.L., a aboarlle a Jonatan Suárez Pérez a suma de 7.047,04 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral e a suma de 15.775,76 euros en concepto de salarios de tramitación.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa esta resolución facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina, Paula Méndez Domínguez, maxistrada titular do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

A maxistrada

A letrada da Administración de xustiza

Dilixencia. Seguidamente, cúmprese o ordenado. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Aparcadoiro Labacolla, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza