Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 19 de novembro de 2018 Páx. 49545

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 9 de outubro de 2018 polo que se fai público o acordo de iniciación ditado no expediente sancionador en materia de verteduras de augas residuais coa clave DH.D36.62422.

Con data do 25 de setembro de 2018 ditouse acordo de iniciación no expediente sancionador de referencia seguido contra a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Meira (termo municipal de Moaña) pola comisión dunha infracción de carácter leve en materia de verteduras de augas residuais, tipificada no artigo 85.k) da Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia.

Intentada a notificación dos devanditos actos por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolta polo servizo de Correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio notifícanselle o acordo de incoación e o prego de cargos ao interesado e fáiselle saber que unha copia deles está á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo de quince (15) días, contado a partir do día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado, para os efectos de comparecer nestas oficinas para notificar o dito acordo, tempo durante o cal poderá presentar as alegacións e as probas que considere oportunas.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2018

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia