Con data do 25 de setembro de 2018 ditouse acordo de iniciación no expediente sancionador de referencia seguido contra Consuelo Astorgano Fernández (termo municipal de Teo) pola comisión dunha infracción de carácter leve en materia de verteduras de augas residuais, tipificada no artigo 85.k) da Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia.
Intentada a notificación dos ditos actos por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolta polo servizo de Correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio notifícanselle o acordo de incoación e o prego de cargos ao interesado e fáiselle saber que unha copia deles está á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo de quince (15) días, contado a partir do día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado, para os efectos de comparecer nestas oficinas para notificar o dito acordo, tempo durante o cal poderá presentar as alegacións e as probas que considere oportunas.
Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2018
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia