Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 19 de novembro de 2018 Páx. 49465

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2018 pola que se convoca un curso de piloto de drons dirixido a membros do corpo da Garda Civil con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

De acordo co convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Seguridade do Ministerio do Interior para a colaboración en materia de formación e actualización do persoal dos corpos de seguridade do Estado destinados na Comunidade Autónoma de Galicia, convócase un curso de piloto de drons dirixido a membros do corpo da Garda Civil con destino na Comunidade Autónoma de Galicia, cuxas bases se especificán a seguir:

Obxectivo do curso.

Tras a realización e superación das probas de coñecementos teóricos e a proba práctica de voo, os alumnos obterán os seguintes títulos e certificacións:

– Título de piloto avanzado de drons (VLOS + EVLOS +BVLOS), outorgado pola escola ATO autorizada por AESA.

– Habilitación para aeronaves con MMD 0-5 kg/5-15 kg.

– Certificado de cualificación para pilotos pertencentes a operadores dos corpos e forzas de seguridade (artigo 3.2.b) do Real decreto 1036/2017, do 15 de decembro) emitido pola Agasp como centro formador, dos devanditos corpos.

Contidos.

Módulo normativo:

• Réxime xurídico xeral do uso de RPAS.

• Réxime específico operacións das FCS.

• Aspectos aplicables da Lei 48/1960, de navegación aérea e da Lei 21/2003, de seguridade aérea e Regulamento da circulación aérea.

• Operacións especializadas de acordo coa Lei orgánica 2/1986.

Módulo teórico-práctico.

Conceptos xerais das aeronaves:

• Clasificación de aeronaves.

• Aeronavegabilidade.

• Partes fundamentais.

• Equipamento e sistemas de control.

Performance da aeronave:

• Principios aerodinámicos.

• Perfís de voo e performance destes.

• Performance da aeronave.

• Planificación.

• Determinación de riscos.

Meteoroloxía:

• Definicións e conceptos xerais.

• Formación de nubes.

• Frontes.

• Turbulencias e refachos.

• Visibilidade.

• Interpretación da información meteorolóxica.

• Previsión meteorolóxica.

Navegación e interpretación de mapas:

• Principios básicos.

• Cartas aeronáuticas: interpretación e uso.

• Navegación DR.

• Tipos de voos: VLOS, EVLOS, BVLOS.

• Sistema GNSS.

Espazo aéreo e servizos de tránsito aéreo:

• Clasificación do espazo aéreo.

• Servizos de información aeronáutica (AIP).

• Organización do ATS en España.

• Espazo aéreo controlado, non controlado e segregado.

• Instrucións ATC.

Comunicacións avanzadas. Radiofonistas:

• Principios de radiotelefonía e comunicacións.

• Procedementos de radio.

• Procedementos de emerxencia.

Sistemas de teledetección:

• Tipos de sensores.

• Técnicas de teledetección.

• A fotogrametría e as súas aplicacións.

• Modelado 3D e orto-rectificación.

Factores humanos para aeronaves pilotadas por control remoto:

• Conciencia situacional.

• Comunicación.

• Carga de traballo, rendemento humano.

• Aspectos de saúde.

Procedementos operacionais:

• Manual de operacións.

• Escenarios operacionais.

• Limitacións.

• Persoal de voo.

• Supervisión da operación.

• Prevención de accidentes.

Operacións especializadas.

Escenarios operacionais para policía:

• Particularidades da operación por policías.

• Escenarios operacionais avanzados.

• Lexislación específica en materia de policía de seguridade.

Autorizacións:

• Definición de escenarios operacionais estándar.

• Análise de riscos de escenarios operacionais.

• Medidas de mitigación de riscos para operación en escenarios complexos (p.e. VLOS en cidade).

• Autorización de operacións.

RPAS, control metrolóxico e aspectos procedementais/procesuais:

• Aspectos sometidos ao control metrolóxico do Estado.

• Descarga de datos; cadea de custodia.

• Aspectos procesuais prácticos no procedemento administrativo.

• Aspectos procesuais prácticos no ámbito xudicial.

Módulo teórico-práctico de voo:

Bloque teórico-práctico:

• Voo básico:

– Manual.

– Automático: modos de voo.

• Voo avanzado:

– Voo en situacións de emerxencia.

– Voos de seguridade e seguimento.

• Probas de aptitude e execución motora.

Desenvolvemento do curso.

O curso ten unha duración de 96 horas lectivas (60 en liña e 36 presenciais), desenvolverase entre o 4 de outubro de 2018 e o 19 de xaneiro de 2019. As sesións teóricas terán lugar na Agasp das 10.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 19.30 horas.

Formación teórica.

– Módulo introdución 2 horas presencial.

– Módulo normativo 6 horas presencial (4 de decembro de 2018).

– Módulo teórico-técnico 60 horas en liña (do 5 de decembro de 2018 a 10 de xaneiro de 2019).

– Módulo teórico preparatorio exame 6 horas presencial (14 de xaneiro de 2019).

– Exame de coñecementos teóricos 2 horas presencial (14 de xaneiro de 2019).

Formación de voo.

– Módulo teórico-práctico voo 6 horas presencial (15 de xaneiro de 2019).

– Simulador de voo 2 horas presencial (15 de xaneiro de 2019).

– Practica de voo 4 horas presencial (16 e 17 de xaneiro de 2019).

– Exame práctico presencial (16 e 17 de xaneiro de 2019).

Forzas e corpos de seguridade.

– Operacións especializadas 8 horas presencial (18 de xaneiro de 2019).

Número de prazas, destinatarios e criterios de selección.

24 prazas repartidas por provincias da seguinte forma:

– 8 prazas A Coruña.

– 4 prazas Lugo.

– 4 prazas Ourense.

– 8 prazas Pontevedra.

O curso está dirixido ao persoal dos corpos da Garda Civil que prestan servizos na Comunidade Autónoma galega.

O criterio de selección será por orde de inscrición e terán preferencia os solicitantes que cursasen con anterioridade o curso de Xestor de RPAS no exercicio da actividade de policía de seguridade/policía administrativa. Os aspirantes que non obteñan praza pasarán a ocupar un posto de reserva, igualmente por orde de inscrición, e serán chamados no caso de producírense baixas antes de iniciarse o curso.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Solicitudes e prazo de presentación de solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp (http://agasp.xunta.es), non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.

2. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas solicitantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano computado desde o momento en que se detecte o feito.

3. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente todos os datos para realizar a selección do alumnado ou que sexan presentadas fóra de prazo.

4. O prazo de presentación de solicitudes finaliza o día 27 de novembro de 2018, e comeza a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

Admisión.

A Agasp publicará na súa páxina web a relación de persoas seleccionadas para participar no curso, así como un número adecuado de reservas, o día 29 de novembro de 2018.

Os/as alumnos/as seleccionados/as serán informados/as da súa selección a través do correo electrónico e da mensaxaría telefónica.

Lugar.

A parte teórica do curso desenvolverase na sede da Agasp.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade Pública poderá modificar o desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 12 de novembro de 2018

Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública