Mediante a Orde do 2 de agosto de 2018 (DOG nº 148, do 3 de agosto, corrección de erros no DOG nº 155, do 14 de agosto) a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza convocou unha liña de subvencións para o ano 2018 que establecía as bases reguladoras para a adxudicación, en réxime de concorrencia competitiva, aos concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupación de concellos galegos, de equipamentos de emerxencias, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.
Vista a proposta de resolución da comisión avaliadora, en aplicación dos artigos 8, 9 e 10 da referida orde,
RESOLVO:
Primeiro. Adxudicar, con cargo á aplicación 05.25.212A.624.0, código de proxecto
2016 00026, programa operativo Feder-Galicia 2014-2020, eixe 05, prioridade 05.02, obxectivo específico 05.02.01, actuación 05.02.01.38, «Promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos», os equipamentos de emerxencia relacionados no anexo.
Segundo. Establecer unha lista de reserva conformada por todos os solicitantes admitidos co fin de redistribuír material non adxudicado, por posible renuncia dalgún beneficiario ou a adquisición de máis material, que será elevada posteriormente ao órgano competente para resolver. Na repartición deste material terase en conta a puntuación total acadada por cada entidade e a non obtención de equipamento da mesma especie na primeira adxudicación. En todo caso, esta segunda asignación non afectará á distribución inicial do equipamento entre as entidades solicitantes.
Terceiro. De conformidade co disposto no artigo 11.e) da Orde do 2 de agosto de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2018 para a adxudicación de equipamentos de emerxencias, en réxime de concorrencia competitiva, a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020, o/a alcalde/alcaldesa do concello, presidente/a da mancomunidade ou representante da agrupación de concellos, ao cal se lle conceda o equipamento solicitado, disporá dun prazo de dez días hábiles, contados a partir da recepción da comunicación individual da resolución favorable, para a súa aceptación ou renuncia.
Unha vez que a entidade beneficiaria manifeste a aceptación da subvención en especie concedida nesta resolución, a acta de cesión do equipamento concedido realizarase no prazo estimado de tres meses contados desde a data de recepción daquela. Non obstante, este prazo podería verse incrementado en función dos prazos de entrega do equipamento previstos nos correspondentes contratos derivados do procedemento para a contratación da subministración de equipamento para as emerxencias destinado aos concellos de menos de 50.000 habitantes que teñan agrupación de voluntarios de protección civil, expediente de contratación número 2018-SUEI 01-02-EM (número de referencia contable
2018-05-00275), procedemento aberto e tramitación ordinaria, por importe de 869.049,83 euros (IVE incluído), publicado no DOUE do 13 de xullo de 2018.
Cuarto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde.
Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2018
P.D. (Disposición derradeira cuarta da Orde do 2.8.2018)
Luis Menor Pérez
Director xeral de Emerxencias e Interior
ANEXO
Provincia |
NIF |
Concellos/mancomunidades/agrupación de concellos |
Equipamento |
CO |
P1500100A |
Abegondo |
Remolque emerxencias |
CO |
P1500200I |
Ames |
Todoterreo pick-up |
CO |
P1500400E |
Ares |
Remolque emerxencias |
CO |
P1501500A |
Cabanas |
Todoterreo pick-up |
CO |
P1502400C |
Cerceda |
Todoterreo pick-up |
CO |
P1502800D |
Corcubión |
Remolque emerxencias |
CO |
P1504300C |
Lousame |
Todoterreo pick-up |
CO |
P1504600F |
Mazaricos |
Remolque emerxencias |
CO |
P1505700C |
Negreira |
Remolque emerxencias |
CO |
P1505900I |
Oleiros |
Remolque emerxencias |
CO |
P1506300A |
Outes |
Remolque emerxencias |
CO |
P1506800J |
Pobra do Caramiñal, A |
Todoterreo pick-up |
CO |
P1508300I |
Teo |
Todoterreo pick-up |
CO |
P1509300H |
Vimianzo |
Todoterreo pick-up |
LU |
P2701200D |
Cervantes |
Todoterreo pick-up |
LU |
P2702700B |
Lourenzá |
Todoterreo pick-up |
LU |
P2702900H |
Meira |
Remolque emerxencias |
LU |
P2703500E |
Negueira de Muñiz |
Todoterreo pick-up |
LU |
P2705100B |
Ribadeo |
Remolque emerxencias |
LU |
P2706700H |
Viveiro |
Remolque emerxencias |
LU |
P2702100E |
Xermade |
Remolque emerxencias |
LU |
P2702500F |
Xove |
Todoterreo pick-up |
OU |
P3200200H |
Allariz |
Remolque emerxencias |
OU |
P3200300F |
Amoeiro |
Todoterreo pick-up |
OU |
P3201300E |
Blancos, Os |
Remolque emerxencias |
OU |
P3201600H |
Bolo, O |
Todoterreo pick-up |
OU |
P3201900B |
Carballeda de Avia |
Todoterreo pick-up |
OU |
P3203000I |
Chandrexa de Queixa |
Remolque emerxencias |
OU |
P3203700D |
Xunqueira de Ambía |
Todoterreo pick-up |
PO |
P3600600E |
Cambados |
Remolque emerxencias |
PO |
P3602600C |
Marín |
Remolque emerxencias |
PO |
P3602900G |
Moaña |
Remolque emerxencias |
PO |
P3604200J |
Ponteareas |
Remolque emerxencias |
PO |
P3604600A |
Ribadumia |
Remolque emerxencias |
PO |
P3605400E |
Tomiño |
Remolque emerxencias |