Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 20 de novembro de 2018 Páx. 49638

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 28 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental da LAT 132 kV SE PE Serra do Punago - A Vacariza - SE PE Monciro, nos concellos de Baleira e Castroverde (Lugo), promovida por Gas Natural Fenosa Renovables, S.L.U. (clave 2017/0148).

De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático o 26 de setembro de 2018, relativa á LAT 132 KV SE PE Serra do Punago - A Vacariza - SE PE Monciro, nos concellos de Baleira e Castroverde (Lugo), promovida por Gas Natural Fenosa Renovables, S.L.U.

A dita declaración poderase consultar na ligazón http://cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela) e da Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía, Emprego e Industria (San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático