Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 20 de novembro de 2018 Páx. 49602

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2018, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se conceden as axudas correspondentes á modalidade de Proxectos de excelencia no ámbito do Sistema universitario de Galicia, da Orde do 23 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2018.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Gain, por medio da Orde do 23 de maio de 2018 (DOG núm. 106, do 5 de xuño) estableceron as bases reguladoras e convocaron conxuntamente, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i.

Unha vez finalizada a tramitación establecida no artigo 8 da convocatoria para as solicitudes presentadas ante a Secretaría Xeral de Universidades na modalidade C: proxectos de excelencia, realizouse o proceso de avaliación e selección destas, de acordo co artigo 9 da orde de convocatoria.

A competencia para resolver estas axudas correspóndelles conxuntamente á persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e á persoa titular da presidencia da GAIN, de acordo co artigo 10 da convocatoria.

En consecuencia, de acordo co establecido no artigo 10 das bases da convocatoria e atendendo á proposta de concesión elevada polo órgano instrutor a partir do informe da comisión de selección, a través da Secretaría Xeral de Universidades,

RESOLVEMOS:

Primeiro. Concederlles ás entidades que a continuación se relacionan (con indicación da persoa investigadora) as axudas da modalidade C: proxectos de excelencia, para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG, convocadas pola Orde do 23 de maio de 2018.

Proxectos de excelencia

Nº de expediente

Apelidos

Nome

Univ.

Liña

Importe 2018

Importe 2019

Importe 2020

Importe 2021

Importe 2022

Total

ED431F 2018/02

Alonso Moral

José María

USC

2

14.979,80

24.981,00

24.981,00

24.981,00

24.981,00

114.903,80

ED431F 2018/08

Arenas Busto

Miguel

UVigo

2

15.000,00

24.996,00

24.996,00

24.996,00

24.996,00

114.984,00

ED431F 2018/03

Arias Vázquez

María Sol

USC

2

15.000,00

25.000,00

25.000,00

65.000,00

ED431F 2018/01

Cid Vidal

Xabier

USC

2

14.964,25

24.967,76

24.967,76

24.967,76

24.973,51

114.841,04

ED431F 2018/06

Fernández Calviño

David

UVigo

2

15.000,00

25.000,00

25.000,00

25.000,00

25.000,00

115.000,00

ED431F 2018/07

Gómez Brandón

María

UVigo

2

15.000,00

24.960,00

24.960,00

24.960,00

89.880,00

ED431F 2018/05

González Valdés

Borja

UVigo

2

6.600,00

25.000,00

24.000,00

8.400,00

64.000,00

ED431F 2018/04

Paradelo Núñez

Remigio

USC

2

15.000,00

25.000,00

25.000,00

25.000,00

25.000,00

115.000,00

TOTAL

111.544,05

199.904,76

198.904,76

158.304,76

124.950,51

793.608,84

Segundo. As axudas imputaranse ao capítulo VII dos orzamentos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, na aplicación 10.40.561B.744.0.

Modalidade

Entidade

beneficiaria

Crédito (en euros)

2018

2019

2020

2021

2022

Total

Proxectos de excelencia

Universidades do SUG

USC

59.944,05

99.948,76

99.948,76

74.948,76

74.954,51

409.744,84

UVigo

51.600,00

99.956,00

98.956,00

83.356,00

49.996,00

383.864,00

Total

111.544,05

199.904,76

198.904,76

158.304,76

124.950,51

793.608,84

As axudas concedidas ás universidades do SUG imputaranse ao plan de financiamento do SUG para o período 2016-2020, agás as anualidades de 2021 e 2022 que se integrarán no novo plan de financiamento.

Terceiro. De acordo co artigo 12 da convocatoria, a subvención será librada á entidade beneficiaria á que pertenza o grupo ou persoal investigador, conforme a resolución de concesión e de acordo coa normativa vixente.

Para poder proceder ao libramento dos fondos será preciso que a entidade beneficiaria remita a documentación que se detalla no artigo 12 da convocatoria nas datas indicadas nel. No ano 2018 a data de presentación será o 15 de decembro.

Cuarto. O incumprimento das obrigas contidas nesta orde ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, se é o caso, se establezan na resolución da concesión, dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de mora correspondentes.

Quinto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2018

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade
e Formación Profesional

Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego
e Industria e presidente da Gain