Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 20 de novembro de 2018 Páx. 49609

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2018 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de Mecánica de Medios Continuos e Teoría de Estruturas a María Dolores Otero Chans.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade mediante a Resolución do 26 de xullo de 2018 (BOE do 17 de agosto), para a provisión da praza número 18/039 de profesora titular de universidade da área de coñecemento de Mecánica de Medios Continuos e Teoría de Estruturas, Departamento de Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas desta universidade, a favor de María Dolores Otero Chans, con DNI número 34892977E, e unha vez que a interesada acreditou os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María Dolores Otero Chans profesora titular de universidade da área de coñecemento de Mecánica de Medios Continuos e Teoría de Estruturas, Departamento de Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas desta universidade.

No prazo máximo de vinte días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a candidata deberá tomar posesión do seu destino.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición, ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 8 de novembro de 2018

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña