Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 20 de novembro de 2018 Páx. 49685

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO sobre a aprobación definitiva do Plan especial de equipamento en solo rústico do Sporting Club Casino.

O Pleno da Corporación, na súa sesión ordinaria que tivo lugar o 25 de outubro de 2018 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan especial de equipamento en solo rústico Sporting Club Casino que asinaron dixitalmente o 3 de setembro de 2018 os arquitectos Antonio Ferreiro Novo e José Manuel Varela Castro.

Segundo. Notificarlles este acordo de aprobación definitiva individualmente aos titulares catastrais dos terreos afectados, aos cales se lles notificara a súa aprobación inicial.

Terceiro. Publicar este acordo de aprobación definitiva do Plan especial, no prazo dun mes desde a súa adopción, no Diario Oficial de Galicia e o documento que conteña a normativa e as ordenanzas no Boletín Oficial da Coruña.

Cuarto. Despois de que se realicen as publicacións que se sinalan no punto anterior, inscribir o Plan especial no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Contra este acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, segundo o que dispón o artigo 84.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Culleredo, 12 de novembro de 2018

O alcalde
P.D. (Resolución do 10.11.2017, BOP número 218, do 16 de novembro)
Diego Antonio Taibo Monelos
Concelleiro delegado de Urbanismo