Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 20 de novembro de 2018 Páx. 49689

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación do estudo de detalle da parcela N4a01c do quinteiro N do parque empresarial da Sionlla.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 18 de outubro de 2018, adoptou o seguinte acordo:

«Aprobar definitivamente a modificación do estudo de detalle da parcela N4a01c do quinteiro N do parque empresarial da Sionlla promovido por Terras de Sar, S.L. e redactado por Naos 04 Arquitectos, S.L.P., sen modificacións respecto do inicialmente aprobado.

O estudo de detalle supón a modificación do que consta aprobado definitivamente polo Pleno Municipal do 19 de outubro de 2017.

O acordo de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia. Unha vez publicado o acordo, remitirase á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a documentación exixida polo artigo 88.3 da Lei do solo de Galicia, para os efectos de inscribir o estudo de detalle no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

Logo de que conste a inscrición no Rexistro, publicarase a normativa no Boletín Oficial da provincia».

Contra o acordo da aprobación definitiva do citado estudo de detalle poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto DEC/4282/2017, do 28 de xuño)
Jorge Duarte Vázquez
Concelleiro delegado de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda,
Mobilidade e Relacións Veciñais