Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 20 de novembro de 2018 Páx. 49674

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 9 de outubro de 2018 polo que se fai pública a proposta de resolución ditada no expediente sancionador en materia de verteduras de augas residuais DH.D15.59940.

O 11 de setembro de 2018 ditouse proposta de resolución no expediente sancionador de referencia seguido contra Manuel Sampedro Lois (t.m. Rois) pola comisión dunha infracción de carácter leve en materia de verteduras de augas residuais, tipificada no artigo 85.k) da Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia.

Intentada a notificación da devandita proposta de resolución por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolto polo servizo de Correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante o presente anuncio notifícaselle a proposta de resolución ao interesado e fáiselle saber que unha copia dela se atopa á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo de quince (15) días, contado a partir do día seguinte ao día desta publicación no Boletín Oficial del Estado, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do devandito acordo, tempo durante o cal poderá presentar as alegacións que considere oportunas.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2018

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia