Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 21 de novembro de 2018 Páx. 49762

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 5 de novembro de 2018, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se sinala a data para a formalización das actas de ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora de seguridade viaria (MSV), na contorna do treito de concentración de accidentes na estrada PO-308, punto quilométrico 8+700 a 12+700, de clave PO/17/144.06, nos concellos de Poio e Sanxenxo.

En cumprimento do disposto no artigo 49 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957, este servizo resolveu proceder a efectuar o pagamento dos depósitos previos e indemnizacións por rápida ocupación correspondentes a expedientes de expropiación forzosa instruídos para os termos municipais de Poio e Sanxenxo, con motivo das obras do proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora de seguridade viaria (MSV), na contorna do treito de concentración de accidentes na estrada PO-308, p.q. 8+700 a 12+700, nos concellos de Poio e Sanxenxo aos propietarios dos predios cuxa relación figura exposta no taboleiro de anuncios dos concellos referidos.

En cumprimento do artigo 55 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957 convócase o acto de formalización das actas de ocupación que terá lugar:

Concello de Sanxenxo.

Lugar: Casa Consistorial (rúa Consistorio, nº 4-6).

Data: 18 de decembro de 2018, ás 9.30 horas.

Concello de Poio.

Lugar: Casa Consistorial (praza do Mosteiro, nº 1).

Data: 18 de decembro de 2018, das 11.20 ás 14.00 horas.

De: Agis Rosales, Carmen a Gómez Sanmartín, María del Carmen.

Data: 19 de decembro de 2018, das 9.40 ás 14.00 horas.

De: Gómez Torres, Felisa a Vallejo Míguez, Ramón.

No mesmo acto ofertaranse aos propietarios as valoracións establecidas pola Administración para cada un dos predios en concepto de mutuo acordo.

O presente acordo faise público, para xeral coñecemento, advertíndolles aos titulares que na acta figurarán os donos da cousa ou titulares do dereito expropiado e non se admitirá representación senón por medio de poder debidamente autorizado (notarial, xudicial ou do consulado), xa sexa xeral ou particular para este caso, debendo achegar a documentación necesaria para acreditar a sucesión en caso de figurar o terreo a nome de herdeiros; e que deberán identificarse co documento nacional de identidade.

De conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase o anuncio no Boletín Oficial del Estado, o que servirá de notificación aos propietarios descoñecidos e dos que se ignore o lugar de notificación, ou ben se, tentada esta, non se puidese practicar.

Pontevedra, 5 de novembro de 2018

Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra