Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 21 de novembro de 2018 Páx. 49703

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se publica a Resolución do 4 de outubro de 2018 pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas/excluídas e a lista de agarda para cubrir prazas de persoas colaboradoras bolseiras no Centro Residencial Xuvenil LUG de Lugo para o curso académico 2018/19.

No Diario Oficial de Galicia núm. 150, do 7 de agosto, publícase a Orde do 20 de xullo de 2018 pola que se determinan as bases reguladoras e se convocan prazas de persoas colaboradoras bolseiras para as residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social para o curso académico 2018/19, en réxime de concorrencia competitiva.

O número de prazas convocadas e a súa distribución por residencias son as seguintes:

Cidade

Residencia

Núm. prazas

Lugo

Centro Residencial Xuvenil LUG

4 home/muller

Ourense

Florentino López Cuevillas

5 home/muller

Vigo

Altamar

6 home/muller

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 6 e 11.4 da referida Orde do 20 de xullo de 2018, a resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia tendo efectos de notificación. Tamén será publicada na páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado no enderezo http://xuventude.xunta.gal

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación da Resolución do 4 de outubro de 2018 pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas/excluídas e a lista de agarda nas prazas de persoas colaboradoras bolseiras no Centro Residencial Xuvenil LUG, para o curso académico 2018/19, e na páxina web http://xuventude.xunta.gal. O texto completo non se publica no Diario Oficial de Galicia na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para o coñecemento íntegro da resolución, foi notificada persoalmente cada persoa interesada.

Segundo. A adxudicación de prazas vacantes con posterioridade á resolución realizarase, de ser o caso, de acordo co disposto no artigo 11.3 da orde de convocatoria.

Terceiro. A Resolución do 4 de outubro de 2018 pon fin á vía administrativa e contra ela pódese interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, ou impugnala directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución (artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa).

Lugo, 15 de outubro de 2018

Mª Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo