Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 22 de novembro de 2018 Páx. 49887

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2018 pola que se fai pública a formalización do contrato de obras da estación de tratamento de auga potable da plataforma loxística industrial Salvaterra-As Neves (Pontevedra) (expediente PLISAN-2017/ETAP).

1. Entidade adxudicadora: Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: construción dunha estación de tratamento de auga potable, captación no río Miño e depósito de regulación. Salvaterra-As Neves (Pontevedra).

b) Prazo máximo de execución do contrato: vinte e dous (22) meses.

– Prazo de execución das obras: dez (10) meses.

– Prazo para a posta en marcha das instalacións e explotación: doce (12) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: cinco millóns cento noventa e sete mil novecentos cincuenta e tres euros con oitenta e sete céntimos (5.197.953,87 €), IVE excluído.

b) IVE (21 %): un millón noventa e un mil cincocentos setenta euros con trinta e un céntimos (1.091.570,31 €).

c) Importe total: seis millóns douscentos oitenta e nove mil cincocentos vinte e catro euros con dezaoito céntimos (6.289.524,18 €).

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 17 de outubro de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 6 de novembro de 2018.

c) Contratista: UTE Espina Obras Hidráulicas, S.A.-Construcciones Ramón Vázquez y Reino, S.L. (PLISAN ETAP UTE).

d) Importe de adxudicación: tres millóns oitocentos noventa e sete mil novecentos corenta e cinco euros con sesenta e un céntimos (3.897.945,61 €).

e) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o procedemento.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2018

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo