Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 22 de novembro de 2018 Páx. 49862

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 7 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios da zona de concentración parcelaria de Barbeito (Vilasantar-A Coruña) para seren notificados por comparecencia de resolucións que os afectan.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os interesados da zona de concentración parcelaria de Barbeito (Vilasantar-A Coruña), que se relacionan no anexo, para seren notificados de varias resolucións que lles afectan.

Así mesmo, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Os interesados poderán coñecer o contido íntegro das resolucións mediante comparecencia nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 7 de novembro de 2018

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Actos notificados: resolucións de data 3.7.2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

Interesados:

José Antonio Ben Aller

Eva Cristina Ben Vázquez

Francisco José Pérez Sánchez

Jesús María Díaz Formoso

María Inmaculada Montero Sanjurjo

Francisco Javier Díaz Formoso

Alberto Díaz Formoso

Pedro Teodoro José Díaz Montero

Teodoro Díaz Montero

María Fontecoba Brea

Pilar Fontecoba Brea

Matilde Vázquez Sánchez

Constantino Verea Peteiro