Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 22 de novembro de 2018 Páx. 49846

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 31 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se someten a información pública varias solicitudes de inclusión no Catálogo galego de árbores senlleiras.

O artigo 4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, modificado polo Decreto 10/2015, do 22 de xaneiro, establece o procedemento de catalogación e descatalogación de exemplares e formacións.

As seguintes solicitudes de inclusión de exemplares e formacións no Catálogo galego de árbores senlleiras foron realizadas polas persoas interesadas de acordo con ese procedemento:

Rexistro de entrada: 2018/2246729.

Data: 31.8.2018.

Solicitante: María Rosario García Rúa.

Especie: Magnolia grandiflora L.

Localidade: Lestedo.

Concello: Boqueixón.

Provincia: A Coruña.

Rexistro de entrada: 498/RX123664.

Data: 17.1.2018.

Solicitante: Plácido Álvarez Dobaño (en representación do Concello de Muíños).

Especie: Castanea sativa Mill.

Localidade: Muíños.

Concello: Muíños.

Provincia: Ourense.

Rexistro de entrada: 499/RX123665.

Data: 17.1.2018.

Solicitante: Plácido Álvarez Dobaño (en representación do Concello de Muíños).

Especie: Quercus robur L.

Localidade: Muíños.

Concello: Muíños.

Provincia: Ourense.

Rexistro de entrada: 2995/RX998638.

Data: 13.4.2018.

Solicitante: Félix Camba Freire.

Especie: Castanea sativa Mill.

Localidade: Taboadela.

Concello: Taboadela.

Provincia: Ourense.

O artigo 4.4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, establece que as solicitudes de catalogación ou descatalogación de exemplares e formacións, e a documentación presentada xunto a elas, someteranse ao trámite de información pública por un prazo de vinte (20) días, para os efectos de que os interesados poidan presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

En consecuencia, ábrese un período de información pública das solicitudes de catalogación mencionadas neste anuncio, e a documentación presentada xunto a elas, durante un prazo de vinte (20) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, coa finalidade de que aqueles interesados que se consideren directamente afectados poidan remitir observacións e opinións por escrito, ou ben a través do enderezo de correo electrónico: dxpn.cmot@xunta.gal, poñendo no asunto Información pública árbores senlleiras.

Durante o citado prazo, a documentación correspondente poderá ser examinada nos seguintes lugares:

– Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

– Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, 15071 A Coruña.

– Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Ourense, rúa Paseo, 18, 32003 Ourense.

Durante ese mesmo período poderase consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmaot.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_DX_Conservacion_Natureza?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Biodiversidade/seccion.html&std=expedientes_senlleiras.html&sub=Arbores_senlleiras/) a información dos expedientes que non se corresponda con datos de carácter persoal (Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal).

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2018

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural