Vista a proposta da Dirección Xeral de Políticas Culturais sobre o I Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea, convocado pola Orde do 16 de marzo de 2018, e estando conforme con esta en todos os seus termos,
RESOLVO:
Concederlle o I Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea, dotado cunha contía económica de 3.000 €, a José Rosendo Cid Menor polo texto orixinal San Agustín de Monterroso.
Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2018
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura e Turismo