Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 23 de novembro de 2018 Páx. 49950

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2018, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listas provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes.

De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 22 de maio de 2018 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listas provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes.

A lista de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

A lista de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

As persoas aspirantes excluídas, así como aquelas persoas que non figuren en ningunha das listas, disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamaren ou emendaren o defecto que motivou a exclusión.

As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídas.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2018

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Relación de persoas aspirantes excluídas

Promoción interna:

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Perales Arroyo, Xiana María

*313Y

65

Acceso libre:

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Bustingorri Alberdi, Gloria

*707W

63

López Uribarri, Leire

*641C

63

Mejuto Ferreiro, Carmen

*264J

20, 66, 67

Monteserín Suárez, Isil

*449M

22

Porto Paderne, Carolina

*400Y

86

Código

Descrición

20

Taxas non aboadas

22

Taxas aboadas fóra de prazo

63

Non presenta e non autoriza a consulta da condición de familia numerosa

65

Non presenta e non autoriza a consulta da condición de discapacidade

66

Non presenta e non autoriza a consulta da condición de demandante de emprego seis meses antes da convocatoria

67

Non presenta e non autoriza a consulta da condición de non percibir prestación ou subsidio por desemprego

86

Non cumple a condición de demandante de emprego seis meses antes da convocatoria