Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 23 de novembro de 2018 Páx. 49970

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (239/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 239/18, seguido por instancia de Baldomero Martínez Barbeito contra Ifedic Pereira, S.L., Ifecgas Pereira, S.L., Manuel Freire Muiño, Juan Carlos Pereira Freire e Fogasa sobre reclamación de salarios, se ditou sentenza número 269/2018, do 30 de outubro de 2018, estimando a demanda, contra a que cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, que poderán anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días, a partir da notificación, por comparecencia ou por escrito. O texto íntegro da sentenza está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Ifedic Pereira, S.L, Ifecgas Pereira, S.L. e Manuel Freire Muiño, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza