Antecedentes:
Con data do 15 de febreiro de 2017, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Axencia Turismo de Galicia, a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Santiago de Compostela asinaron un protocolo de colaboración para a mellora e integración paisaxística das entradas dos camiños de Santiago, en Santiago de Compostela.
Das partes asinantes do protocolo, a Axencia Galega de Infraestruturas, adscrita á Consellería de Infraestruturas e Vivenda, encargaríase da execución material dos traballos que lle correspondan á Xunta de Galicia, de acordo co establecido no artigo 1 do Decreto 173/2011, do 4 de agosto, polo que se aproba o estatuto da Axencia Galega de Infraestruturas; de acordo coa encarga recibida o pasado mes de abril de 2017, adxudicáronse os traballos de redacción dos proxectos de construción, así como o control e vixilancia das obras de Mellora e integración paisaxística das entradas dos camiños de Santiago en Santiago de Compostela, de clave AC/17/012.10, que se desenvolverá en diferentes fases, e cuxo obxecto é buscar unha visión integral do Camiño de Santiago como fenómeno patrimonial, cultural e territorial único, independentemente dos diferentes itinerarios que conflúen no centro histórico compostelán: o Camiño Inglés, o Camiño Francés, o Camiño da Vía da Prata, o Camiño Portugués e o Camiño de Fisterra.
Este proxecto ten como finalidade acadar unha imaxe identitaria internacional común ao longo do Camiño, concretamente para mellorar a integración do peregrino na entrada da cidade de Santiago de Compostela, facilitando a dita percepción e diminuíndo a tensión do tráfico sobre o Camiño, así como favorecendo a mobilidade peonil nesta área ao lle dar prioridade ao peregrino sobre o tráfico rodado.
Froito de todo isto elabórase o documento básico Mellora e integración paisaxística das entradas dos camiños de Santiago en Santiago de Compostela. Ámbito: Camiño Francés, de clave AC/17/012.10.2, cuxo obxecto é reordenar o itinerario do Camiño de Santiago, no ámbito do Camiño Francés, ao seu paso polo Monte do Gozo, e a súa baixada ata adentrarse na cidade pola rúa San Lázaro, para finalmente chegar á rúa dos Concheiros. Todo o exposto para esta actuación ten a finalidade de darlles prioridade a cidadáns e peregrinos, con criterios de seguridade, mobilidade e funcionalidade global.
As principais actuacións que se levarán a cabo serán:
– Integración do Camiño de Santiago na trama viaria e urbana da zona.
– Reordenación dos accesos viarios aos barrios da contorna.
– Ordenación e humanización das seccións viarias.
– Definición de elementos como pavimentos, mobiliario, etc.
– Reordenación das zonas de estacionamento.
Por último, o artigo 80 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (DOG do 16 de maio), determina que a aprobación da delimitación dos camiños de Santiago levará implícita a declaración de interese social e a de necesidade de ocupación dos bens e adquisición de dereitos para os fins de expropiación forzosa, de ocupación temporal ou de imposición ou modificación de servidumes tanto dos tramos necesarios para a funcionalidade do trazado coma dos bens localizados no seu ámbito delimitado necesarios para a conservación, protección ou servizo do Camiño.
Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,
RESOLVO:
Primeiro. Declarar, de acordo co artigo 80 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia, de interese social, e a de necesidade de ocupación dos bens e adquisición de dereitos recollidos no documento básico Mellora e integración paisaxística das entradas dos camiños de Santiago en Santiago de Compostela. Ámbito: Camiño Francés, de clave AC/17/012.10.2.
Segundo. Someter ao trámite de información pública, para os efectos previstos nos artigos 18 e seguintes da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, e os concordantes do seu regulamento, a relación de bens e dereitos necesarios para a execución do documento básico Mellora e integración paisaxística das entradas dos camiños de Santiago en Santiago de Compostela. Ámbito: Camiño Francés, por un período de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.
Terceiro. A exposición ao público, para os efectos desta resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña) e na Casa do Concello de Santiago de Compostela (Pazo de Raxoi, praza do Obradoiro, 15705 Santiago de Compostela). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (http://civ.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas), atópase á disposición dos interesados o documento básico completo.
Santiago Compostela, 14 de novembro de 2018
Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas
ANEXO
Relación de bens, dereitos e propietarios afectados
Mellora e integración paisaxística das entradas dos camiños de Santiago.
En Santiago de Compostela.
Ámbito: Camiño Francés.
Clave: AC/17/012.10.2.
Concello de Santiago de Compostela.
Nº |
Referencia catastral |
Titular |
Tipo |
Situación solo |
Superficie expropiación (m2) |
1 |
1589315NH4419A |
Gabriel Martínez Sexto |
Solo rústico |
Rústico de protección paisaxística |
154 |
2 |
8482524NH3488D |
Abanca Corporación División Inmobiliaria, S.L. |
Solo urbano |
MP PERI, ordenanza ZU-RS |
7 |
3 |
8482523NH3488D |
Acelsino Veiras Santos |
Solo urbano |
MP PERI, ordenanza ZU-RS |
39 |
4 |
8179559NH3487G |
Solo urbano |
Ordenanza número 3 |
82 |