Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 23 de novembro de 2018 Páx. 49992

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da infraestrutura gasista cuxo proxecto leva por título Acometida APA Aluminio Español, Xove (Lugo), promovida pola empresa Nedgia Galicia, S.A. (expediente IN627A 2018/2-2).

Para os efectos do previsto no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, e no 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, sométese ao trámite de información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da infraestrutura gasista que leva por título «Acometida APA para Aluminio Español, Xove (Lugo)», que promove a empresa Nedgia Galicia, S.A.

– Peticionaria:

Nedgia Galicia, S.A., con CIF nº A15383284 e con enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, Edificio Área Central, local 31 HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

– Antecedentes:

1. O 12 de abril de 2012, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas ditou resolución pola que se outorgou a Gas Galicia SDG, S.A. (actualmente Nedgia Galicia, S.A.) a autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no termo municipal de Xove, na provincia de Lugo (expediente IN627A 2011/4-0) publicada no DOG nº 161, do 24 de agosto de 2012.

2. O 12 de abril de 2018, a empresa Nedgia Galicia, S.A. (anteriormente Gas Galicia SDG, S.A.), presentou a solicitude de autorización administrativa e aprobación da execución do proxecto «Acometida APA Aluminio Español, Xove (Lugo)», promovida pola empresa Nedgia Galicia, S.A. (expediente IN627A 2018/2-2).

– Obxecto da petición:

O obxecto da petición é a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da infraestrutura gasista, denominado «Acometida APA Aluminio Español Xove (Lugo)».

– Descrición das instalacións:

O proxecto de referencia recolle as seguintes instalacións:

• Conexión á saída prevista da posición 07 do GTB Mariña Lucense, en aceiro de 8”, mediante a instalación dunha redución 8”×6”, unha xunta dieléctrica de 6” e unha válvula de aceiro de 6” con dous venteos.

• Execución dunha rede de distribución en MOP 16 bar, desde a saída da posición 07 do GTB Mariña Lucense ata o punto de consumo, mediante a instalación dunha canalización de 1.639 m de tubaxe de aceiro de 6” de diámetro e 3,6 mm de espesor de parede.

• Instalación de 2 válvulas de corte para a regulación e o control do fluxo de gas na canalización.

• Execución dunha acometida de gas, desde a rede de distribución, en MOP 16 bar, en tubaxe de aceiro de 6” de diámetro ata o peche da propiedade do consumidor final.

– Termo municipal afectado:

A solicitude afecta os termos municipais de Xove e Cervo, na provincia de Lugo.

– Orzamento:

O orzamento das instalacións ascende á cantidade de cento cincuenta mil catrocentos catro con corenta e catro euros (150.404,44 €).

– Afección a predios particulares:

Non se indica a existencia de afeccións a predios particulares.

O que, de acordo coa normativa invocada, se fai público para o coñecemento xeral e para que aquelas persoas que se consideren afectadas polo proxecto titulado «Acometida APA Aluminio Español Xove (Lugo)» poidan examinalo nesta xefatura territorial, con enderezo na rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo, e presentar as alegacións que consideren oportunas no prazo de vinte (20) días a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio.

Lugo, 10 de outubro de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo