Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 26 de novembro de 2018 Páx. 50219

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 23 de outubro de 2018, da Área Provincial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no proceso de segundas adxudicacións de Santiago de Compostela.

Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia no proceso de segundas adxudicacións de Santiago de Compostela iniciado por Resolución do 22 de marzo de 2018.

A comparecencia deberase efectuar na sede da Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo na Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 23 de outubro de 2018

Susana Mª Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Persoa interesada

DNI/NIE/NIF

Acto obxecto de notificación

Ainhoa Martín Sánchez

... 512W

Trámite de audiencia

Arancha Núñez Fosado

... 378E

Trámite de audiencia