Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 26 de novembro de 2018 Páx. 50214

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Innovación

CÉDULA do 12 de novembro de 2018 pola que se notifica a resolución de finalización de expediente de reintegro do proxecto IN525A-2013/009, cuxa notificación por oficio foi devolta polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedimiento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), logo de intentar sen éxito a notificación da resolución de finalización de expediente de reintegro do proxecto IN525A-2013/009 no último domicilio social coñecido da entidade Voga Desarrollo, S.L., notifícase por medio da presente cédula no Boletín Oficial del Estado aos interesados o contido do dito acto como figura no anexo, para que poidan ter coñecemento del.

Contra esta resolución, que consonte o artigo 38.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da dita publicación, segundo o disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Os interesados, durante este prazo, poderanse presentar nas dependencias da Axencia Galega de Innovación, sita na rúa Airas Nunes, s/n, 15702 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido do acto administrativo.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2018

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Proxecto: IN525A-2013/009.

Nome ou razón social: Voga Desarrollo, S.L.

CIF/NIF: B70201983.

Axuda: Resolución do 10 de outubro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento da propiedade industrial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Programa i2C PI), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 (código de procedemento IN525A).

Contido do acto administrativo: resolución de finalización de expediente de reintegro de subvención.