Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 26 de novembro de 2018 Páx. 50189

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 24 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a solicitude formulada por Ana Isabel López Fontenla, en nome e representación da mercantil Granitos Milagros, S.L. para a urxente expropiación forzosa dos bens necesarios para continuar cos labores da concesión de explotación mineira Rodeiro 5208-1, no concello de Amoeiro.

A empresa Granitos Milagros, S.L., con domicilio social no lugar de Pazos-Rebón, nº 1, 36660 Moraña, Pontevedra, solicitou a declaración de urxente ocupación para a expropiación forzosa dos terreos situados no termo municipal de Amoeiro que se relacionan no anexo e que son necesarios para continuar cos labores propios da concesión de explotación mineira Rodeiro 5208-1. Esta solicitude faise ao abeiro do artigo 105 da Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, do artigo 131 do Regulamento xeral para o réxime da minería e do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

De acordo co establecido nos artigos 18 e 19 da citada Lei de expropiación e nos artigos 17, 18, 24 e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, en concordancia co establecido no artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ábrese un período de información pública polo prazo de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

Durante este prazo, aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente nesta xefatura territorial (rúa Curros Enríquez, 1-3º, Ourense) e presentar as alegacións que consideren convenientes ou achegar cantos datos permitan a rectificación de posibles erros cometidos na relación de propietarios e predios afectados.

Todas as alegacións deberán dirixirse á Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Ourense, no enderezo antes indicado ou a través de calquera das formas sinaladas na citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Ourense, 24 de outubro de 2018

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Superficie (m2)

Superficie que se expropia

Propietario e enderezo

52

322-C

Albeiros, parroquia de Trasalva, concello de Amoeiro (Ourense)

Monte/mato

5.870

2.348

César Dávila Meilán

R/ Camilo José Cela, 1-5º A, 36204 Vigo (Pontevedra)