Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 26 de novembro de 2018 Páx. 50139

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 13 de novembro de 2018, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se conceden as axudas correspondentes á modalidade de proxectos de excelencia no ámbito do Sistema universitario de Galicia, da Orde do 23 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2018.

Advertido un erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 221, do 20 de novembro de 2018, cómpre corrixir o dito erro nos seguintes termos:

No segundo parágrafo do punto terceiro, páxina 49604, onde di: «Para poder proceder ao libramento dos fondos será preciso que a entidade beneficiaria remita a documentación que se detalla no artigo 12 da convocatoria nas datas indicadas nel. No ano 2018 a data de presentación será o 15 de decembro», debe dicir: «Para poder proceder ao libramento dos fondos será preciso que a entidade beneficiaria remita a documentación que se detalla no artigo 12 da convocatoria nas datas indicadas nel».