Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 27 de novembro de 2018 Páx. 50340

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 16 de novembro de 2018, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifican as resolucións do expediente sancionador OU-S-37/2018 e un máis, por infraccións leves en materia de turismo.

Pola presente, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro) notifícanselles ás persoas que no anexo se relacionan, as resolucións dos expedientes sancionadores nº OU-S-37/2018 e un máis, do xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense, xa que, intentada polos medios habituais, non se puideron practicar.

Os interesados poderán recoller as correspondentes resolucións mediante comparecencia nas dependencias da Área Provincial de Turismo, rúa Curros Enríquez, 1, 3º andar, de Ourense.

Contra as ditas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante a directora da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, todo iso, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que xulguen oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sancións devirán firmes, debendo aboar os importes das multas no seguinte prazo: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do mes seguinte ou inmediatamente hábil posterior, b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes seguinte ou hábil inmediatamente posterior.

O pagamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lle serán facilitados nas dependencias do Servizo de Turismo de Ourense. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía de constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001 pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria e executiva das multas e sancións, da Consellería de Facenda (DOG núm. 235, do 5 de decembro).

Ourense, 16 de novembro de 2018

Cecilio Santalices de la Escosura Mourille
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-S-37/2018.

Titular sancionado: Eriberto Infante Díaz.

Establecemento: Club Scala.

Enderezo: avda. de Ourense, 83.

Localidade: Xinzo de Limia.

Resolución: 18 de outubro de 2018.

Precepto infrinxido: artigo 35.f) da Lei 7/2011.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.b) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Sanción: trescentos (300) euros.

Expediente: OU-S-38/2018.

Titular sancionado: Fermín Bottier Moya.

Establecemento: Club Nevada.

Enderezo: nacional 525, km 145, Cañizo.

Localidade: A Gudiña.

Resolución: 18 de outubro de 2018.

Precepto infrinxido: artigo 35.g) e 35.f) da Lei 7/2011.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.a) e 109.2.b) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Sanción: seiscentos (600) euros.