Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 27 de novembro de 2018 Páx. 50337

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza 983/2018, do 12 de xuño, da Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Quinta do Tribunal Supremo.

De conformidade co disposto nos artigos 72, 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e en cumprimento da propia sentenza, faise público que a Sección Quinta da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo, con data do 12 de xuño de 2018, pronunciou a Sentenza 983/2018, ditada no recurso de casación 263/2017, sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«1º. Estimar o recurso de casación número 263/2017, interposto pola representación procesual de «Cámping Mougás, S.L.», contra a Sentenza ditada o 27 de outubro de 2017 pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Segunda, no recurso contencioso-administrativo 4534/2009.

2º. Revogar e deixar sen efecto a sentenza impugnada e, con estimación parcial do recurso contencioso-administrativo deducido contra o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 30 de xullo de 2009, polo que se aproba o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal «Proxecto sectorial do parque de tecnoloxía alimentaria de Mougás, Oia-Pontevedra», anular o dito acordo por desconforme a dereito.

3º. Sen custas».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2018

Mercedes Rodríguez Moreda
Directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica