Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 27 de novembro de 2018 Páx. 50350

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

ANUNCIO do 16 de novembro de 2018, da Secretaría da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente de arbitraxe 36R002/1675/2017.

De conformidade co disposto no artigo 50 do Real decreto 231/2008, do 15 de febreiro, polo que se regula o sistema arbitral de consumo, no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e no artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, despois de intentada a notificación persoal de acordo co disposto no citado artigo 40, sen que esta se puidese efectuar, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante a Unidade de Consumo de Vigo, con enderezo na Praza da Estrela, s/n, 36201 Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2018

José Mª Pita Ponte
Secretario da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia

ANEXO

Expediente arbitral: 36R002/1675/2017.

Interesada: Eneco Instalaciones, S.L.U.

CIF: B94113081.

Acto notificado: laudo arbitral do 9 de agosto de 2018.