Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 28 de novembro de 2018 Páx. 50400

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 13 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da infraestrutura gasística denominado Proxecto de subministración de gas natural ás industrias Inleit Ingredients e Greenalia no concello de Curtis, promovido por Nedgia Redes Distribución de Gas, S.A. (expediente IN627A 2018/27-1).

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos e no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionaria: Nedgia Redes Distribución de Gas, S.A. con CIF nº A66560152, e con enderezo para efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Obxecto da petición: o obxecto da petición é a autorización para executar a infraestrutura gasística correspondente á rede de conexión a MOP 49,5 bar, estación de regulación de presión (ERP 49,5/16 MOP) e rede de distribución MOP 16 bar para a subministración de gas natural a Industrias Inleit Ingredients e Greenalia, no concello de Curtis.

Descrición das instalacións:

– Rede de distribución de gas natural MOP 49,5 bar en tubaxe de aceiro Gr L245, de 6’’ de diámetro e 4 mm de espesor de parede, con orixe na rede RAB-I016 ABEGOBDO II e final no Estación de Regulación de Presión (ERP) proxectado dunha lonxitude de 6 metros. A realizar mediante unha te de toma en carga con reforzo circular completo, de 6’’ con saída a 6’’.

– Estación de Regulación de Presión (ERP dobre liña de regulación completa) tipo aérea, para un caudal nominal: 10.880 m3(n)/h, presión de entrada: 49,5 bar e presión de saída: 16 bar, incluídas todas as válvulas de control, sistemas de medida e control.

– Rede de distribución de gas natural MOP 16 bar en tubaxe de aceiro Gr L245, de 6’’ de diámetro e 3,6 mm de espesor de parede, con orixe nunha válvula de saída de 6” da ERP e unha lonxitude de 2.141 metros (PINLAIT: 1.675+ PGREENALIA: 466 metros).

– Acometida a Industrias Inleit Ingredients con orixe en PINLAIT da rede de distribución de gas natural MOP 16 bar e final no límite da parcela, en tubaxe de aceiro Gr L245, de 2’’ de diámetro.

– Acometida a Greenalia con orixe en PGREENALIA da rede de distribución de gas natural MOP 16 bar e final no límite da parcela, en tubaxe de aceiro Gr L245, de 3’’ de diámetro.

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións, no prazo de 20 días a partir da data da última publicación deste anuncio, podendo examinar o correspondente proxecto no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña.

A Coruña, 13 de novembro de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña