Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 28 de novembro de 2018 Páx. 50407

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 22 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS618D competencia desta xefatura (expediente 15002001118 e once máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a esta xefatura territorial, intentada a notificación do requirimento de emenda de solicitudes no último domicilio dos/das interesados/as sen que esta se puidese practicar por causas non imputables á Administración, notifícaselles ás persoas que se citan no anexo os ditos actos administrativos para que, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte á data de publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, poidan comparecer persoal ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración, avenida Salvador de Madariaga, 9, 1º, das 9.00 ás 14.00 horas, para examinaren o contido íntegro dos actos e dos seus expedientes, adventíndolles que, no caso de non comparecer, se terán por notificadas.

Advírtese que, transcorrido o prazo que se indique no requirimento contado desde o día seguinte á súa notificación sen ter realizada a emenda, teranse por desistidas das súas solicitudes, logo de ditar a correspondente resolución atendendo ao establecido nos artigos 21 e 68 da devandita Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 22 de outubro de 2018

María Francisca Gómez Santos
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesado/a

DNI/NIE/pasaporte

Número de expediente

Data requirimento e documento/s

María Begoña Fidalgo Mayo

*****713A

15002001118

4.9.2018: 1

Noemi León Fernández

*****541G

15002002818

4.10.2018: 1, 2, 3

Alberto Sánchez Becerra

*****162A

15019003518

12.9.2018: 3

Alicia María Alvite Martínez

*****649W

15030008518

28.9.2018: 3, 4, 5, 6

Eliseo Salazar Jiménez

*****923X

15036006618

2.8.2018: 2

Manuela Casteleiro Ramil

*****522X

15036007018

14.9.2018: 6

Luis Castiñeira Casavieja

*****121K

15036007118

19.9.2018: 4, 6, 7

Gonzalo Salvador Castro Blanco

*****086F

15036007318

25.9.2018: 4, 6

Adolfo Brage Habboub

*****503S

15036007618

4.10.2018: 4

Fernando Rodríguez Vázquez

*****922M

15058000318

24.7.2018: 2, 5, 6

Óscar Mujico Aldrey

*****387K

15078008018

24.7.2018: 4, 6

María Fernanda dos Santos

*****129Q

15078015417

6.8.2018: 4

Documentación requirida

Descrición do requirimento

D.1

Xustificar débedas/gastos

D.2

Movementos bancarios

D.3

Xustificar estado de matriculación ou baixa de vehículos

D.4

Orzamento

D.5

Completar/asinar solicitude

D.6

Declaración responsable

D.7

Certificado de empadroamento