Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 28 de novembro de 2018 Páx. 50444

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 15 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, de notificación do inicio do trámite de audiencia en relación co expediente de concentración parcelaria do Burgo-Vilamaior-Camba (Castro Caldelas).

De conformidade co disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícase á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado poderá comparecer nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, situadas na rúa Florentino Cuevillas, 4-6, baixo, 32003 Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas.

Ourense, 15 de novembro de 2018

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

– Propietario: nº 19.

Interesado: José Álvarez Arias.

Acto que se notifica: trámite de audiencia.

Zona de concentración parcelaria: O Burgo-Vilamaior-Camba (Castro Caldelas, Ourense).