Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 28 de novembro de 2018 Páx. 50495

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Gandeiría Montemaior, S. Coop. Galega

ANUNCIO de transformación de sociedade cooperativa galega en sociedade de responsabilidade limitada.

En cumprimento do disposto no artigo 84 da Lei 14/2011, do 16 de novembro, pola que se modifica a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, sobre transformación de cooperativas noutras sociedades, faise público que a asemblea xeral da cooperativa Gandeiría Montemaior, Sociedade Coop. Galega, con enderezo social en Vilariño, nº 12, Montemaior, 15145 A Laracha (A Coruña), en xunta xeral extraordinaria universal dos socios do 26 de outubro de 2018 no enderezo social da dita cooperativa, acordou por unanimidade, despois de aprobar o balance da sociedade previamente auditado externamente, cerrado o día anterior, 25 de outubro de 2018, a transformación da citada cooperativa nunha sociedade de responsabilidade limitada, coa denominación Gandeiría Montemaior, Sociedade Limitada, co mesmo enderezo social e obxecto social da cooperativa transformada, o que para estes efectos certifica o secretario co visto e prace do presidente.

A Laracha, 22 de novembro de 2018

Manuel Cambón Faca
Secretario de Gandeiría Montemaior, S. Coop. Galega

Visto e prace
Carlos Gonzalo Pallas Vázquez
Presidente de Gandeiría Montemaior, S. Coop. Galega