Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 29 de novembro de 2018 Páx. 50555

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 917/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 917/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marta Cruz Carrilo contra Ferrino Gisela Nair e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Procedemento ordinario 917/2016

Sobre: ordinario

Demandante: Marta Cruz Carrilo

Demandados: Fogasa, Ferrino Gisela Nair

Avogado/a: letrado do Fogasa

En Santiago de Compostela o sete de novembro de dous mil dezaoito.

Elena Calleja Curros, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3, tras ver o presente procedemento ordinario 917/2016, por instancia de Marta Cruz Carrilo contra Ferrino Gisela Nair e o Fogasa, en nome do rei, pronunciou a seguinte

Sentenza.

Resolución:

Estímase parcialmente a demanda interposta pola parte demandante fronte á empresa demandada e condénase a demandada ao aboamento de 3.770,67 euros máis o xuro de demora previsto no artigo 29.3 ET.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina Elena Calleja Curros, maxistrada de reforzo deste xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Ferrino Gisela Nair, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza