Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 29 de novembro de 2018 Páx. 50561

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 2 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia en materia de residuos (expediente OU-46/2018 RE).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia, ao resultar infrutuosa a súa notificación.

O acto foi acordado polo instrutor. A súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A comparecencia efectuarase no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, na sede da Sección Xurídica desta consellería, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Ourense, 2 de outubro de 2018

Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-46/2018 RE.

Denunciada: Hormigones Taboadela, S.L.

Acto notificado: proposta de resolución.