Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 30 de novembro de 2018 Páx. 50667

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 12 de setembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, para o ano 2018 (código de procedemento SI452A).

A Secretaría Xeral da Igualdade convocou para o ano 2018, a través da Resolución do 12 de setembro de 2018 (DOG número 182, do 24 de setembro), axudas para o ano 2018 destinadas á realización de programas de interese xeral que atenden fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionado pola Secretaría Xeral da Igualdade. A dita resolución foi modificada pola Resolución do 28 de setembro de 2018.

As partidas orzamentarias con cargo ás que se financian estas axudas teñen financiamento con fondos finalistas do Estado, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas.

O artigo 7 da Resolución do 12 de setembro de 2018 establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes, indicando que a presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. O prazo de presentación de solicitudes ampliouse coa data dun mes contado a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia da Resolución do 28 de setembro de modificación da Resolución do 12 de setembro, que foi publicada o 4 de outubro de 2018.

Así mesmo, no artigo 8, determínase a documentación que se xuntará ao anexo da solicitude.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita resolución de convocatoria polo órgano encargado da instrución dos procedementos, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

O artigo 12 da citada resolución establece, de conformidade co previsto no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que se a solicitude non está debidamente cuberta ou non se presenta a documentación exixida, a unidade administrativa encargada da tramitación do expediente requirirá á persoa solicitante para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, de non o facer, se considerará que desistiu da súa solicitude, logo da correspondente resolución.

Así mesmo, tamén se indica que por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido no artigo 45 da citada Lei 39/2015, os citados requirimentos de emenda poderanse facer ben a través de notificación individualizada, ben mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos que a notificación.

Polo exposto,

DISPOÑO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución.

2. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece nesta resolución. De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Igualdade a través da conta de correo promocion.igualdade@xunta.gal ou dos teléfonos 881 95 77 83, 981 54 73 97 ou 981 95 76 89, ou presencialmente.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2018

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO

Relación de solicitudes suxeitas a emenda:

Núm. expte.

Entidade solicitante

CIF

Documentación a requirir

1

Fundación Integra para la Discapacidad Intelectual

G36880615

Acreditar que está inscrita na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (art. 4.1.a).

2

Alume Saúde Mental

G27198977

Anexo II: Memoria explicativa de cada programa (art. 8.1.b). Punto 18. Outras axudas e colaboracións previstas: Importe outras subvencións.

3

Unión de Asociaciones de Mujeres Autonómas y Emprendedoras-UATAE Mujer

G86223153

Acreditar que está inscrita na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (art. 4.1.a).

Anexo II: Memoria explicativa de cada programa (art. 8.1.b). Precísase cuberto no formato do DOG da convocatoria.

4

Asociación Socio-Educativa para la Educación-Aseduc

G70067830

Anexo II: Memoria explicativa de cada programa (art. 8.1.b). Punto 13 Detalle gastos correntes.

Anexo III: Documento específico para a valoración da entidade (art. 8.1.c). Punto 1º (comprobar), 5º e 6º.

Estatutos da entidade debidamente legalizados (art. 8.1.e).

5

Alar Galicia

G15775901

Anexo II: Memoria explicativa de cada programa (art. 8.1.b). 13 Detalle gastos correntes.

Anexo III: Documento específico para a valoración da entidade (art. 8.1.c). Non achegan cuberto.

6

Instituto Galego de Xestión para o 3º Sector-Igaxes

G15784978

Anexo IV: Documento específico para a valoración do programa (art. 8.1.d). Segundo ámbito territorial (detalle).

Acreditar que está inscrita na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (art. 4.1.a).

7

Fundación Amigos de Galicia

G15859911

Anexo II: Memoria explicativa de cada programa (art. 8.1.b). 9 Criterios selección. 13 Detalle gastos correntes.

Documentación acreditativa da representación que exerza a persoa que asina a solicitude para actuar en nome da entidade (art. 8.1.a).

10

Asociación Otro Tiempo

G85835908

Acreditar que está inscrita na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (art. 4.1.a).

Anexo II: Memoria explicativa de cada programa (art. 8.1.b). Precísase cuberto no formato do DOG da convocatoria.

11

Asociación Mujeres en Igualdad de Burela (Bumei)

G27441153

Estatutos da entidade debidamente legalizados (art. 8.1.e).

12

Fundación Juan Soñador

G24452435

Acreditar domicilio social ou delegación na C.A. (art.4.1.c).

Anexo II: Memoria explicativa de cada programa (art. 8.1.b). Detalle gastos correntes.

Estatutos da entidade debidamente legalizados (art. 8.1.e).

13

Fundación ANAR

G80453731

Acreditar que está inscrita na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (art. 4.1.a).

Anexo I: Solicitude (art. 7.1). Importe das outras axudas solicitadas.

14

Radio ECCA Fundación Canaria

G35103431

Anexo II: Memoria explicativa de cada programa (art. 8.1.b). 13 Detalle gastos correntes.

15

Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense

G32237869

Anexo II: Memoria explicativa de cada programa (art. 8.1.b). Detalle gastos correntes.

Anexo IV: Documento específico para a valoración do programa (art. 8.1.d). Punto 2 Ámbito do programa.

16

Fundación Secretariado Gitano

G83117374

Anexo II: Memoria explicativa de cada programa (art. 8.1.b).Detalle gastos correntes. Asinado.

Anexo III: Documento específico para a valoración da entidade (art. 8.1.c). Asinado.

Anexo IV: Documento específico para a valoración do programa (art. 8.1.d). Asinado.

Estatutos da entidade debidamente legalizados (art. 8.1.e).

17

Fundación Erguete-Integración

G36861078

Estatutos da entidade debidamente legalizados (art. 8.1.e).

Anexo II: Memoria explicativa de cada programa (art. 8.1.b). 13 Detalle gastos correntes.

18

Asociación Amicos

G15747678

Anexo II: Memoria explicativa de cada programa (art. 8.1.b). 13 Detalle gastos correntes.

19

Asociación Educando en Familia

G27437581

Anexo I: Sollicitude (art. 7.1) Incorrecto o tipo de programa.

Anexo II: Memoria explicativa de cada programa (art. 8.1.b). Detalle gastos correntes.

20

Fundación Ronsel

G15752660

Anexo II: Memoria explicativa de cada programa (art. 8.1.b). Precísase cuberto no formato do DOG da convocatoria.

Anexo III: Documento específico para a valoración da entidade (art. 8.1.c). Precísase cuberto no formato do DOG da convocatoria.

Anexo IV: Documento específico para a valoración do programa (art. 8.1.d). Precísase cuberto no formato do DOG da convocatoria.

Estatutos da entidade debidamente legalizados (art. 8.1.e).

22

Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao

G15969868

Anexo II: Memoria explicativa de cada programa (art. 8.1.b). Total gastos. 13 Detalle gastos correntes.

23

Cruz Roja Española

Q2866001G

Anexo II: Memoria explicativa de cada programa (art. 8.1.b). Precísase cuberto no formato do DOG da convocatoria.

Anexo IV: Documento específico para a valoración do programa (art. 8.1.d). Precísase cuberto no formato do DOG da convocatoria.

Documentación acreditativa da representación que exerza a persoa que asina a solicitude para actuar en nome da entidade (art. 8.1.a).

24

ACCEM

G79963237

Acreditar domicilio social ou delegación na C.A. (art.4.1.c).

Anexo II: Memoria explicativa de cada programa (art. 8.1.b).(Punto 18. Importe doutras axudas). Precísase cuberto no formato do DOG da convocatoria.

Anexo IV: Documento específico para a valoración do programa (art. 8.1.d). Precísase cuberto no formato do DOG da convocatoria.

25

Red Española de Entidades por el Empleo, Red Araña

G58579806

Acreditar domicilio social ou delegación na C.A. (art.4.1.c).

26

Asociación de Diagnosticadas de Cáncer de Mama (ADICAM)

G36380301

Anexo II: Memoria explicativa de cada programa (art. 8.1.b). Asinado.

Anexo III: Documento específico para a valoración da entidade (art. 8.1.c). Asinado.

Estatutos da entidade debidamente legalizados (art. 8.1.e).

28

Asociación Edeidades para a Integración Social e Laboral da Muller

G27431873

Anexo II: Memoria explicativa de cada programa (art. 8.1.b). Detalle gastos correntes.

29

Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela

R15000538

Anexo I: Solicitude (art. 7.1). Comprobar importe liña 1. Aclarar denominación entidade solicitante/agrupación.

Anexo II: Liña 1. Memoria explicativa de cada programa (art. 8.1.b). No punto 12 falta localización territorial Santiago. Punto 13 detalle gastos correntes. Liña 2, punto 13 Detalle gastos correntes.

Anexo III: Documento específico para a valoración da entidade (art. 8.1.c). Aclarar denominación entidade solicitante/agrupación.

Anexo IV: Documento específico para a valoración do programa (art. 8.1.d). Aclarar denominación entidade solicitante/agrupación.

Estatutos da entidade debidamente legalizados (art. 8.1.e).

Documentos de compromiso de execución (anexo I) (art. 8.1.f) Falta certificado autorización Lugo.

30

Fundación Matrix, Investigación y Desarrollo Sostenible

G36984367

Anexo II: Memoria explicativa de cada programa (art. 8.1.b). Detalle gastos correntes.

31

Fundación Amigos de la Barrera

G32321978

Anexo II: Memoria explicativa de cada programa (art. 8.1.b). Detalle gastos correntes.

Acreditar que está inscrita na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (art. 4.1.a).

32

Médicos del Mundo

G79408852

Anexo II: Memoria explicativa de cada programa (art. 8.1.b). Detalle gastos correntes.

33

Asociación Ciudadana de Lucha Contra la Droga Alborada

G36624963

Acreditar que está inscrita na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (art. 4.1.a).

Anexo II: Memoria explicativa de cada programa (art. 8.1.b). O programa ten máis encaixe na Liña 2.

34

Fundación Acción Contra el Hambre

G81164105

Acreditar domicilio social ou delegación na C.A. (art.4.1.c).

Acreditar que está inscrita na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (art. 4.1.a).

Anexo II: Memoria explicativa de cada programa (art. 8.1.b). Punto 13 Detalle gastos correntes.

Documentación acreditativa da representación que exerza a persoa que asina a solicitude para actuar en nome da entidade (art. 8.1.a).

35

Fundación de Solidaridad Amaranta

G84913946

Acreditar que está inscrita na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (art. 4.1.a).

Anexo II: Memoria explicativa de cada programa (art. 8.1.b). Punto 13 Detalle gastos correntes.

36

Asociación de Empresarias de Galicia

G27826999

Anexo II: Memoria explicativa de cada programa (art. 8.1.b). Non achega.

Anexo III: Documento específico para a valoración da entidade (art. 8.1.c). Non achega.

Anexo IV: Documento específico para a valoración do programa (art. 8.1.d). Non achega.

38

Asociación Xarela Formación e Animación

G32261307

Estatutos da entidade debidamente legalizados (art. 8.1.e).

Anexo II: Memoria explicativa de cada programa (art. 8.1.b). 13 Detalle gastos correntes. Formato S.X.I. Formato DOG.

Anexo III: Documento específico para a valoración da entidade (art. 8.1.c). Formato S.X.I.

Anexo IV: Documento específico para a valoración do programa (art. 8.1.d).

39

Fundación Taller Solidaridade

G83105783

Acreditar que está inscrita na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (art. 4.1.a).

Anexo II: Memoria explicativa de cada programa (art. 8.1.b) Punto 13 Detalle gastos correntes.

Estatutos da entidade debidamente legalizados (art. 8.1.e).

40

Aliad-Ultreia

G27021120

Anexo I: Solicitude (art. 7.1). Importe e tipo de programa.

41

Asociación Antonio Noche

G15210388

Anexo II: Memoria explicativa de cada programa (art. 8.1.b). Non achega.

Anexo III: Documento específico para a valoración da entidade (art. 8.1.c). Non achega.

Anexo IV: Documento específico para a valoración do programa (art. 8.1.d). Non achega.

Estatutos da entidade debidamente legalizados (art. 8.1.e).

42

Ayuda y Atención al Preso

G15414667

Anexo II: Memoria explicativa de cada programa (art. 8.1.b). Non achega.

Anexo III: Documento específico para a valoración da entidade (art. 8.1.c). Non achega.

Anexo IV: Documento específico para a valoración do programa (art. 8.1.d). Non achega.

Estatutos da entidade debidamente legalizados (art. 8.1.e).

43

Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (Fedepe)

G80160211

Acreditar que está inscrita na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (art. 4.1.a).

Acreditar domicilio social ou delegación na C.A. (art.4.1.c).

Anexo II: Memoria explicativa de cada programa (art. 8.1.b) 13 Detalle gastos correntes e asinado.

Anexo III: Documento específico para a valoración da entidade (art. 8.1.c). Asinado.

Anexo IV: Documento específico para a valoración do programa (art. 8.1.d). Asinado.

45

Asociación Faraxa pola Abolición da Prostitución

G27728658

Anexo I: Solicitude (art. 7.1) debidamente cuberta e asinada. Actuacións para as que solicita a subvención e importe.

Anexo II: Memoria explicativa de cada programa (art. 8.1.b). 13 Detalle gastos correntes.

46

Asociación Érguete

G36642726

Anexo II: Memoria explicativa de cada programa (art. 8.1.b). Detalle gastos correntes.

Anexo IV: Documento específico para a valoración do programa (art. 8.1.d). Non achega.

47

Centro Sociocultural Artístico e Recreativo de Valladares

G36617082

Anexo II: Memoria explicativa de cada programa (art. 8.1.b). Non achega.

Anexo IV: Documento específico para a valoración do programa (art. 8.1.d). Non achega.

48

Lares Asociación: Unión de Residencias y Servicios del Sector Solidario

G89963659

Acreditar que está inscrita na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (art. 4.1.a).

Acreditar domicilio social ou delegación na C.A. (art.4.1.c).

Anexo II: Memoria explicativa de cada programa (art. 8.1.b) Asinado.

Anexo III: Documento específico para a valoración da entidade (art. 8.1.c). Asinado.

Anexo IV: Documento específico para a valoración do programa (art. 8.1.d). Asinado.

50

Asociación de Acción Social, Educación Permanente y de Servicios a la Juventud y a la Mujer Tempus

G15681000

Anexo I: Datos do programa do que se solicita a subvención (art. 7.4). Só se pode solicitar un programa por liña (art. 5.c).

Anexo II: Memoria explicativa de cada programa (art. 8.1.b). Non achega.

Anexo III: Documento específico para a valoración da entidade (art. 8.1.c). Non achega.

Anexo IV: Documento específico para a valoración do programa (art. 8.1.d). Non achega.

51

Crea-Centro de Recursos Asociaciones y Ayuntamientos

G98615115

Acreditar que está inscrita na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (art. 4.1.a).

Anexo II: Memoria explicativa de cada programa (art. 8.1.b) Punto 13 Detalle gastos correntes.

Anexo III: Documento específico para a valoración da entidade (art. 8.1.c). Non achega.

Anexo IV: Documento específico para a valoración do programa (art. 8.1.d). Non achega.

Estatutos da entidade debidamente legalizados (art. 8.1.e).

52

Natural Ardai: Terapia, Ocio y Formación

G32456097