Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 30 de novembro de 2018 Páx. 50692

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 23 de novembro de 2018 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas da Orde do 15 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción de emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e do Programa II, de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

A Orde do 15 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción de emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e do Programa II, de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (Diario Oficial de Galicia núm. 19, do 26 de xaneiro), establece no seu artigo 4 o crédito orzamentario que financia as subvencións reguladas nesta orde para o ano 2018.

Así mesmo, establece no seu artigo 4.4 que poderá ampliarse a contía máxima deste crédito para esta convocatoria. O incremento de crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa.

En consecuencia, como existen outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados ás axudas do Programa I que poderán ser concedidas ao abeiro da orde que se cita nesta disposición, coa finalidade de facer chegar estas ao maior número de beneficiarios posible.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1

Amplíase o importe total das axudas establecidas na Orde do 15 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción de emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e do Programa II, de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (Diario Oficial de Galicia núm. 19, do 26 de xaneiro), que se van conceder ao abeiro desta orde de convocatoria, na seguinte contía e aplicación orzamentaria que figura dotada nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018:

Programa I: 09.40. 322C 472.0, no código de proxecto 2015 00 564 na contía de 4.000.000 €.

Artigo 2

Estas modificacións non afectan o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única

Esta orde entrara en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2018

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria