Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 30 de novembro de 2018 Páx. 50712

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

ORDE do 29 de novembro de 2018 pola que se fai público o incremento do crédito das axudas previstas na Orde do 13 de xuño de 2018 pola que se establécen as bases que rexen a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social e se procede á súa convocatoria para os anos 2018, 2019 e 2020 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2010 e Feder Galicia 2014-2020).

A Orde do 13 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social e se procede á súa convocatoria para os anos 2018, 2019 e 2020 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020), establece no artigo 2, punto 1, a dotación orzamentaria das partidas destinadas a subvencionar os proxectos e actuacións obxecto da convocatoria, e no punto 2 prevese que poderase ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles cando o aumento veña derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, cando existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

Dado que o crédito previsto na Orde do 13 de xuño non resultou suficiente para atender todas as solicitudes recibidas e que existe crédito dispoñible nas aplicacións orzamentarias 12.03.312C.481.0 e 12.03.313C.481.6 que cumpre os requisitos establecidos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, parece oportuno incrementar o importe destinado á dotación orzamentaria consignada destinada a financiar as prestacións do servizo de apoio á inclusión sociolaboral e destinada á atención dirixida a fomentar a inclusión social e o acceso e permanencia no mercado de traballo da poboación inmigrante, en liña cun dos obxectivos de Plan estratéxico de Galicia 2015-2020, na Estratexia de inclusión social de Galicia 2014-2020 e na Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

RESOLVO:

Artigo único. Incremento dos créditos

Increméntase o crédito destinado ao financiamento das axudas previstas na Orde do 13 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases que rexen a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social e se procede á súa convocatoria para os anos 2018, 2019 e 2020 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014.2010 e Feder Galicia 2014.2020). O importe total do dito incremento, que se realizará na aplicación orzamentaria 12.03.313C.481.6, e 12.03.312C.481.0, é de 1.868.321,41 €, distribuído en dúas anualidades; corresponden 388.277,41 € en 2018 e 1.480.044 € á que se desenvolve en 2019.

A publicación desta orde non supón a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2018

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social