Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 3 de decembro de 2018 Páx. 51002

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, de exposición pública do proxecto de avaliación ambiental ordinaria para cambio de actividade forestal a agrícola en Berdoias (Vimianzo).

No Servizo de Montes da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural na Coruña está a tramitarse unha solicitude de cambio de actividade forestal a agrícola (CFA 126/2016), promovida por Ganadería Marcote, S.C. e Ganadería Sanmartin, S.C., co obxectivo de implantar pastos para ampliar a base territorial das dúas explotacións.

As parcelas afectadas son as número 1 e 129 do polígono 32 e a número 1 do polígono 34, abarcando unha superficie total de 1.289.685 m², situadas na parroquia de Berdoias, pertencente ao municipio de Vimianzo.

Esta actuación está regulada pola Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, séndolle tamén de aplicación a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, que entre os proxectos que deben ser sometidos a avaliación de impacto ambiental ordinaria regulados no título II, capítulo II, sección 1ª, anexo I, cita:

«Grupo 9: outros proxectos.

b) Calquera proxecto que supoña un cambio de uso do solo nunha superficie igual ou superior a 100 ha».

De acordo co disposto no artigo 36 desa mesma lei, comunícase a exposición pública do proxecto, durante un prazo de 30 días, para que calquera persoa poida consultalo e, se é o caso, presentar alegacións a este, como paso previo ao seu envío á Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, que como órgano ambiental continuará a tramitación de avaliación de impacto ambiental ordinaria e formulará a declaración de impacto ambiental que terá a natureza de informe preceptivo e determinante, e determinará se procede ou non para os efectos ambientais, a realización do proxecto e, no seu caso, as condicións nas cales pode desenvolverse, as medidas correctoras e as medidas compensatorias.

A autoridade forestal é a competente para autorizar a solicitude de cambio de actividade.

Desde o día seguinte á publicación deste anuncio, o proxecto está dispoñible para a súa consulta das 9.00 ás 14.00 horas, no Servizo de Montes desta xefatura territorial, rúa Vicente Ferrer, 2, planta sexta norte, da Coruña, e na sede electrónica da Consellería do Medio Rural (http://mediorural.xunta.gal/areas/forestal).

A Coruña, 20 de novembro de 2018

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña