Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 3 de decembro de 2018 Páx. 50970

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña

EDICTO (153/2017).

Eu, María Elma Monzón Cuesta, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña, por este edicto anuncio que neste procedemento, seguido por instancia de CP r/ Constitución 28-30-32 e Curros Enríquez 15, de Cambre, contra María Flora González Calvo, se ditou a Sentenza do 29 de xuño de 2018 contra a cal cabe interpor recurso de apelación no prazo dos vinte días seguintes ao da súa notificación.

Ao encontrarse a dita demandada, María Flora González Calvo, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

A Coruña, 24 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza