Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 3 de decembro de 2018 Páx. 50984

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (608/2017).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 608/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jonathan Pan Ramos contra a empresa Yolanda Mendoza Pereiro, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Vistos por Mª Carmen López López, xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de Lugo, os autos número 608/2017, sobre despedimento, nos cales foi parte demandante Jonathan Pan Ramos, representado pola letrada Teresa Souto Neira, e parte demandada, Yolanda Mendoza Pereiro, que non compareceu.

Decido que, estimando a demanda formulada por Jonathan Pan Ramos, debo declarar e declaro improcedente o despedimento do demandante con efectos do 12 de xuño de 2017 e condeno a empresa demandada Yolanda Mendoza Pereiro a que, no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución, opte entre readmitir a demandante no seu posto de traballo ou indemnizalo pola extinción da relación laboral coa cantidade de 379,73 euros, sen salarios de tramitación, debendo poñer en coñecemento do xulgado no prazo antes dito se opta ou non pola readmisión. En caso que se opte pola readmisión, o traballador terá dereito aos salarios de tramitación, na contía de 46,03 euros/día».

E para que sirva de notificación en legal forma a Yolanda Mendoza Pereiro, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 7 de novembro de 2018

Rafael González Alió
Letrado da Administración de xustiza