Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 4 de decembro de 2018 Páx. 51044

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

EXTRACTO da Resolución do 28 de novembro de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 14 de marzo de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

BDNS (Identif.): 391183.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Amplíase a dotación orzamentaria prevista na Resolución do 14 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, na contía de 252.739,00 euros, na aplicación orzamentaria 04.30.312C.480.2.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2018

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración