Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 4 de decembro de 2018 Páx. 51171

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 24 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública o permiso de investigación mineira Jorge Reyes, número 7148.

Por medio da Resolución do 11 de novembro de 2011, da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 236, do 13 de decembro), aprobouse a admisión a trámite da solicitude presentada por Caolines de Vimianzo, S.A.U. do permiso de investigación Jorge Reyes, nº 7148, para os recursos de caolín, mica e sección C) nos termos municipais de Laxe, Cabana de Bergantiños e Zas da provincia da Coruña. Esta admisión a trámite foi declarada definitiva mediante a Resolución da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria do 14 de novembro de 2013.

A esta solicitude correspondeulle o número 7148 do Rexistro mineiro da provincia da Coruña.

A designación perimetral definitiva que comprende seis (6) cuadrículas mineiras é a seguinte:

ED 50

ETRS 89

Punto

Lonxitude (W)

Latitude (N)

Lonxitude (W)

Latitude (N)

1

8° 59’ 20”

43° 11’ 00”

8° 59’ 25,56”

43° 10’ 55,85”

2

8° 58’ 20”

43° 11’ 00”

8° 58’ 25,56”

43° 10’ 55,85”

3

8° 58’ 20”

43° 10’ 20”

8° 58’ 25,56”

43° 10’ 15,85”

4

8° 59’ 20”

43° 10’ 20”

8° 59’ 25,56”

43° 10’ 15,85”

Todas as persoas que se consideren afectadas por este permiso de investigación poderán examinar o expediente na Sección de Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, no Edificio Administrativo de Monelos, 2º andar; rúa Vicente Ferrer, nº 2 (A Coruña), ou no portal da dita consellería http://ceei.xunta.gal/expediente-explotacions-mineiras, e alegar por escrito todo o que crean oportuno presentándoas en calquera oficina das previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Para iso terán un prazo de trinta días hábiles, que comezará o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido polo artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (DOG núm. 109, do 6 de xuño).

A Coruña, 24 de outubro de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña