Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 4 de decembro de 2018 Páx. 51192

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2018 pola que se fai pública a formalización de contratos administrativos de obra, non suxeitos a regulación harmonizada, cofinanciados nun 80 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Fondo Europeo G.pdf

A Dirección de Augas de Galicia, como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012 de delegación de competencias ditada pola Presidencia da entidade, e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou as seguintes actuacións:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal e desde a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://augasdegalicia.xunta.gal/.

Tipo de contrato: contrato administrativo de obra.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

Valor estimado dos contratos: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

Vantaxe da oferta do adxudicatario: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

2. Obxecto dos contratos: obra.

a) Descrición: colector interceptor e tanque de tormentas en Rianxo. Rianxo (A Coruña).

Número de expediente: OH.315.1107.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232410-9.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 43, do 1 de marzo de 2018.

Orzamento base de licitación: importe neto: 5.372.177,41 euros. Importe total: 6.500.334,67 euros.

Data de adxudicación: 29 de agosto de 2018.

Importe de adxudicación: importe neto: 3.985.885,00 euros. Importe total: 4.822.920,85 euros.

Data de formalización do contrato: 9 de novembro de 2018.

Contratista: Proyecón Galicia, S.A.

b) Descrición: melloras no saneamento en Cabanas e Pontedeume, fase I. Pontedeume (A Coruña).

Número de expediente: OH.315.1047.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232410-9 e 45262210-6.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 48, do 8 de marzo de 2018 (c.e. DOG nº 58, do 22 de marzo).

Orzamento base de licitación: importe neto: 3.493.222,19 euros. Importe total: 4.226.798,85 euros.

Data de adxudicación: 21 de setembro de 2018.

Importe de adxudicación: importe neto: 2.633.889,53 euros. Importe total: 3.187.006,33 euros.

Data de formalización do contrato: 12 de novembro de 2018.

Contratista: Arias Infraestructuras, S.A.

3. Cofinanciamento da Unión Europea.

As actuacións referidas no punto 2) anterior están cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Enmárcanse dentro do programa operativo no obxectivo temático 6: conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos. Prioridade de investimento 6.2: o investimento no sector da auga para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de ambiente e para abordar as necesidades, determinadas polos Estados membros, dun investimento que vaia máis alá dos ditos requisitos. Obxectivo específico 6.2.1: culminar os requisitos da Directiva marco da auga a través do investimento en infraestruturas de saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, e mellora da calidade da auga. Actuación 6.2.1.2 (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO): reforma e optimización dos sistemas de saneamento das rías galegas. Unha maneira de facer Europa.

4. Outras informacións.

A adxudicación dos citados contratos, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 20188

La presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia