Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 5 de decembro de 2018 Páx. 51364

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO referente á convocatoria para prover unha praza de operario de limpeza (OEP 2018).

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 213, do 8 de outubro de 2018, publicouse o anuncio relativo ás bases, así como á convocatoria, que rexerán o seguinte procedemento de selección:

Persoal: laboral. Grupo V. Denominación: operario de limpeza. Nivel 12. Vacantes: 1. Forma de provisión: oposición. Quenda: libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse no taboleiro de anuncios do concello sen prexuízo da posibilidade de que sexan obxecto de publicación na web do Concello de Oroso para os efectos de lograr unha maior difusión.

Oroso, 8 de novembro de 2018

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde