Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2018 Páx. 51469

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 16 de novembro de 2018 polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente SC-AT-024/2018.

Logo de intentada a notificación nos termos establecidos no artigo 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da citada lei, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Técnica de Fomento do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Área Central, s/n, 4º andar (polígono das Fontiñas) de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida a partir do día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2018

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

NIF

Acto obxecto de notificación

SC-AT-024/2018

Santiago Javier Buceta Nogueira

...735C

Resolución