Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2018 Páx. 51434

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 30 de novembro de 2018, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se dá publicidade da declaración comprensiva da situación patrimonial de alto cargo.

O artigo 49.4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece a obriga de todos os cargos públicos incluídos no seu ámbito de aplicación, definido no artigo 37, de cubrir unha declaración comprensiva da súa situación patrimonial no modelo que aprobe a persoa titular da consellería competente en materia de función pública.

Esta declaración deberá ser presentada no Rexistro de Bens Patrimoniais no prazo dos tres meses seguintes á data de toma de posesión e de cesamento, respectivamente, ante a Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Mediante a Orde do 3 de marzo de 2016 do titular da consellería competente en materia de función pública apróbanse os modelos oficiais de declaracións que deben formular os altos cargos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG número 44, do 4 de marzo).

En virtude do Decreto 124/2018, do 4 de outubro (DOG número 192, do 8 de outubro), Teresa María Gutiérrez López tomou posesión no cargo de directora da entidade pública empresarial Augas de Galicia e presentou o anexo IV Contido da declaración de bens patrimoniais para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia no Rexistro de Bens Patrimoniais de Altos Cargos.

Procede, en consecuencia, dar publicidade do contido do anexo presentado para tal efecto, comprensivo da situación patrimonial que declara no momento do seu nomeamento, e que se publica como anexo a este anuncio.

Tal e como consta no referido modelo anexo IV:

1. Non se inclúen os seguros de vida.

2. No suposto de bens indivisos, indícase o valor que corresponde segundo a porcentaxe de participación do declarante no ben ou dereito patrimonial.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2018

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Titular do cargo: Teresa María Gutiérrez López.

Cargo público orixe da declaración: directora da entidade pública empresarial Augas de Galicia.

Motivo: toma de posesión.

I. Activo:

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 100.701,04.

2. Valor total doutros bens: 105.128,08.

3. Total: 205.829,12.

II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.):