Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2018 Páx. 51420

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (535/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 535/2018, seguido por instancia de David Barreiro Romero y Cora Barreiro Romero contra Cocinas Novara, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza número 297/2018 do 14 de novembro, estimando a demanda, e contra a que cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, que poderán anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días, a partir da notificación, por comparecencia ou por escrito. O texto íntegro da sentenza está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Cocinas Novara, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza