Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2018 Páx. 51415

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 754/2016).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 754/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Devora Romero Romero contra a empresa Novo Pelamios, S.L., con intervención procesual de Fogasa, sobre ordinario, ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución din:

Sentenza:

Na Coruña o quince de novembro de dous mil dezaoito.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 754/2016, en que son parte, dun lado como demandante Devora Romero Romero, representada pola letrada María Isabel Blasco Robert, e como demandada Novo Pelamios, S.L., que non comparece, con intervención procesual de Fogasa, que non comparece, sobre cantidade, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:

Decido que, estimando a demanda interposta pola demandante Devora Romero Romero, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Novo Pelamios, S.L. a que aboe á demandante a cantidade de 2.811 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Novo Pelamios, S.L., expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza