Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2018 Páx. 51481

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de convocatoria dunha praza de persoal técnico superior de economía C.E. 2/17 (funcionario/a de carreira).

Nos boletíns oficiais da provincia da Coruña, núm. 144, do 31 de xullo de 2018, e núm. 202, do 23 de outubro, publicáronse as bases aprobadas por Resolución da concelleira delegada de Facenda e Administración, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 20 de xuño de 2018 e modificadas con data do 2 de outubro, relativas á seguinte convocatoria:

– 1 praza de técnico/a superior de economía C.E. 2/17. Funcionario/a de carreira.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 25 de outubro de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto do 15.6.2016)
Eduardo Mera Rico
Director de Economía, Facenda e Administración